COMENTARIOS A ENTREVISTA CO DIRECTOR DE PROCESOS ASISTENCIAIS DA XERENCIA DE XESTIÓN INTEGRADA DE OURENSE

EXTRACTO DECLARACIÓNS NA VOZ DE GALICIA.15.12.2013

Ciro Cabezas director de Procesos Asistenciais da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense.

Defende o novo modelo de cirurxía pediátrica.

-”Para crear un equipo de cirurxía pediátrica necesítanse tres elementos: pediatras, cirurxiáns pediátricos e anestesistas pediátricos. A Sociedade Española de Pediatría di que a actividade mínima que un servizo debe ter é de 1.000 intervencións por ano e máis de 100.000 nenos, menores de 15 anos, como poboación asignada. En Ourense, só temos 31.000 nenos e 299 intervencións. A pesar diso, apostamos por manter un servizo que xa tiñamos, pero para mantelo necesitamos crecer en poboación e medios que nos garanta a continuidade asistencial, con garantías asistenciais de práctica e variabilidade clínica. Para iso, recorremos a un modelo que se utiliza noutros departamentos, como é o servizo compartido, neste caso con Vigo.

NA PLATAFORMA DECIMOS:

O Sr. Ciro introduce un “gran descubrimento” a existencia de equipos multidisciplinares na atención sanitaria, supoñemos que ate o de agora houbo pediatras, cirurxiáns pediátricos e anestesistas e tamén enfermeiras, auxiliares, etc para atender os cativos que precisan intervencións cirúrxicas. ¿pensan tamén en recortar prantilla nestes profesionais ademais de telo feito cos cirurxiáns?.

Supomos e así o temos constado que ate o de agora a calidade do servizo de cirurxía pediátrica en Ourense ten sido excelente pois dáse a entender que de non ser pola creación desa Área Compartida os nosos nenos corren o risco de caer en mans inexpertas que “vaia vostede a saber…….” . ¿Está a introducir o medo e a incerteza entre as familias desta provincia para xustificar esa decisión de recortes e de mal planeamento na xestión?

O Sr. Ciro volta a falar de números. Moito lle gustan as contas aos nosos xestores sanitarios. Está moi ben ser eficientes pero sen esquecer que detrás de cada número existe unha persoa, un ser humano e unha familia. Non esquecer que a atención sanitaria non está para valorala, só, na súa rendibilidade económica, que é moita e moi importante, se non fundamentalmente na súa rendibilidade social. Pero xa que lle gustan os números falemos de números.

Vostede manifesta que: ”un servizo debe ter é de 1.000 intervencións por ano e máis de 100.000 nenos, menores de 15 anos, como poboación asignada”. ¿Díganos que Servizo de Cirurxía Pediátrica dos existentes en Galicia cumpre con esas cifras?. ¿Díganos porque a luz dos números que tanto lle gustan se fai esa valoración para Ourense e non para o resto de Galicia?. ¿Están no camiño de pechar tamén os outros servizos de cirurxía pediátrica?. ¿pensan facer para toda Galicia un só servizo de cirurxía pediátrica?.

En resumo Sr. Ciro dende esta Plataforma, entendemos que baixo ese paraugas de cifras e datos queren acochar a dura realidade de desmantelamento dun servizo que prestaba de xeito eficaz e eficiente unha moi boa atención a provincia de Ourense. Montan un Área compartida con Vigo que esta sobresaturado, con listas de espera e derivacións a centros privados, etc . Creemos que é posible volver a situación anterior a esta “absurda” decisión. Creemos que de querer buscar vostedes a excelencia científico/técnica dos profesionais, dese servizo, tiñan moitos  camiños onde escoller e foron a inclinarse por  aquel no que as familias e cativos desta provincia saen máis prexudicados.

Por certo ninguén desta plataforma está cuestionando, nen pondo en dubida a valía e quefacer profesionais de anestesistas, urólogos, pediatras, etc se dalgún lado viñeron e veñen as dubidas, ao respecto, mire para o seu entorno tanto xerencial como político.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/12/15/cirugia-pediatrica-garantizada-ourense/0003_201312O15C8991.htm?idioma=galego

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s