NOTA DE PRENSA.Entrega das sinaturas recollidas pola Cirurxía Pediátrica

 

ImageNOTA DE PRENSA

ASUNTO: Entrega das sinaturas recollidas pola Plataforma contra o Peche do Servizo de Cirurxía Pediátrica

 

 

 

A Plataforma de Ourense comunica que o vindeiro venres día 22 de Novembro do 2013 as 11:00 horas vai proceder a entrega das preto de 5.000 sinaturas recollidas durante estes 20 días de campaña ao longo da Provincia de Ourense.

 

A entrega das mesmas farase no Rexistro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense ( Edificio Administrativo) e para elo convocamos a tódolos cidadáns que queiran manifestar o seu apoio a esta campaña para que nos acompañen nesta entrega.

 

Queremos agradecer tamén publicamente a gran acollida e respaldo que nos ten dispensado a cidadanía de Ourense ao longo destes días tanto nas mesas que se puxeron nos distintos barrios como na recollida persoal e nos centros de traballo.

 

Consideramos que hai unha fonda preocupación na veciñanza desta provincia coa decisión tomada pola Xerencia do Área de Ourense e amparada pola Consellería de Sanidade sobre a organización da Atención a Urxencia en Cirurxía Pediátrica e polo tanto esta Plataforma seguirá no seu empeño de reverter unha decisión que consideramos moi erróneas e prexudiciais para a atención a saúde dos nenos desta Provincia e nos próximos días anunciaremos as novas medidas que pensamos tomar.

 

Ourense a 20 de Novembro do 2013.-

 

 

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s