NOTA DE PRENSA .Declaracións do Presidente Feijoo sobre a Cirurxía Pediátrica de Ourense.

 

ImaxeNOTA DE PRENSA

PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE

 

Asunto: Declaracións do Presidente Feijoo sobre a Cirurxía Pediátrica de Ourense.

 

No día de onte o Presidente da Xunta facía unhas declaracións, sobre o aparecido nun medio de comunicación no que unha nai relataba o acontecido coa asistencia de urxencia ao seu fillo e posterior traslado ao Hospital de Vigo. Nesas declaracións o Sr. Feijoo menciona, entre outras cousas, dúas cuestións que, ao noso entender, son moi clarificadoras do que está a pasar en Ourense coa “supresión descontrolada” do servizo de Urxencias en Cirurxía Pediátrica. Un dos seus comentarios referíase a que “investigarán a responsabilidade do Urólogo que atendeu en primeira instancia ao neno” e engadía que “ isto aconteceu antes de poñer en marcha o Área de Servizos Compartidos coa Xerencia de Vigo para atención en Cirurxía Pediátrica”. Dende a Plataforma queremos puntualizar o seguinte:

 

  • Se unha Administración quere suprimir ou modificar un Servizo, nesta caso sanitario, o primeiro que ten que facer denantes de desmantelar o anterior e poñer en marcha, con tódalas garantías, a nova prestación, pactando cos profesionais e os representantes legais dos traballadores as modificacións e novos protocolos.

  • Ameazar con investigar a un profesional cando a propia Administración ten sido moi neglixente e ineficaz na xestión da perda de cirurxiáns pediátricos en Ourense que implica na práctica a perda dun Servizo que funcionaba de xeito moi eficaz e moi eficiente non deixa de ser ben chocante. Sr. Presidente investigue vostede aos Responsables Sanitarios de Ourense e a propia Consellería de Sanidade e deixe de ameazar os profesionais sanitarios.

  • O Sr. Feijoo ademais mistura de xeito interesado dúas cuestións ben diferenciadas o que pode ser un problema técnico de atención a un paciente cunha cuestión que ten que ver coa súa responsabilidade política como é a Administración e Xestión dos Servizos Sanitarios. Non esqueza Sr. Presidente que ata que vostedes decidiron a desaparición da Atención Urxente da Cirurxía Pediátrica, Ourense non precisou derivar este tipo de atención a ningún outro lugar.

  • Sr. Presidente da Xunta tome vostede a decisión de repoñer este Servizo en Ourense. Non sexa cómplice dunha xestión moi neglixente que sabendo que nun tempo determinado Ourense podía quedar sen cirurxiáns pediátricos se “cruzou de mans” e deixou que a cousa esmorecera sen solucións e cando a sociedade e os profesionais de Ourense alarmados con este problema decidiron pedir explicacións a solución foi crear outro problema: “derivar os nenos ao Hospital de Vigo”.

  • A xentes da provincia de Ourense se preguntan: ¿porque non se actuou coa suficiente previsión na necesidade de profesionais?, ¿porque se desmantela un servizo que tiña uns ratios de eficacia e eficiencia contrastados e moito mellores que outros da nosa Comunidade, en tempos de espera, resolución de problemas, altas pos-cirúrxicas, etc e agora hai que trasladar nenos a un Hospital que ten listas de espera?, ¿ porque se lle suprimen a Ourense zonas de atención como Chantada e Monforte e se lle engaden a Vigo os nenos de Ourense se no Hospital de Vigo están con demoras na atención?

 

Ourense 29 de Novembro do 2013.-

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s