DOCUMENTO ENTREGADO NA ENTREVISTA COA DEPUTACIÓN DE OURENSE

LOGO2 SOS.jpg Ourense

DOCUMENTO QUE A PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE DE OURENSE FAI ENTREGA AO SR. PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE OURENSE COAS PROPOSTAS QUE, EN MATERIA SANITARIA, CONSIDERAMOS DE CAPITAL IMPORTANCIA PARA A PROVINCIA :

A ninguén se lle escapa que nesta provincia a crise económica ten características semellantes ao que acontece noutras zonas de Galicia pero tamén é certo que aquí danse unha serie de problemas que, nos son moi propios e que levan camiño de cronificarse afectando, de xeito negativo, a toda a cidadanía, sen distinción de ideoloxías, idades ou crenzas relixiosas.

A necesaria salvagarda do dereito básico de atención a saúde e dereito a unhas prestacións sanitarias dignas é unha cuestión tan transversal que non hai estamento social que non se vexa afectado por estes temas e polo tanto, partindo desta premisa, xurde a necesidade de trasladarlle aos nosos representantes políticos estas preocupacións para que as Institucións Provinciais fagan traslado delas aos diferentes orgaos das Administracións tanto Central como Autonómica para que busquen e dean as respostas que esta provincia en xustiza e equidade se merece.

Por todo elo facemos traslado a Presidencia da Deputación de Ourense de tres temas, de máxima urxencia, co desexo que se lle fagan chegar aos máximos responsables do Goberno de Galicia:

  • TERREOS DE ANTIGUO HOSPITAL DE REHABILITACIÓN DE SAÚDE MENTAL DE TOÉN

  • A provincia de Ourense ten unha situación demográfica de altisimo envellecemento. A tendencia para os vindeiros decenios non vai a modificarse. Precísanse infraestruturas sociosanitarias públicas. Precísanse camas de media e longa estancia ademais doutros dispositivos de apoio. Os terreos que ocupaba o antigo hospital de Toén ( preto dos 400.000 metros cadrados) están en risco de perderse para o patrimonio público. Consideramos que esta provincia non pode permitirse “o luxo” de perder un espazo que aínda que hoxendía non teña un destino planeado non é menos certo que pode ser moi necesario nos próximos anos para cubrir moitas das necesidades que en materia tanto sanitaria como sociosanitaria podan xurdir na provincia. O custe da súa custodia non debe ser un argumento de peso para que volvan a reverter nos seus antigos propietarios.

  • INFRAESTRUCTURAS SANITARIAS:

  • A realidade que vivimos a cidadanía de Ourense é a dunha falla dunhas infraestruturas sanitarias dignas para a hospitalización de pacientes. O seu deterioro é moi importante. Van varias lexislaturas que diferentes presidentes da Xunta se comprometeron, con solucionar este problema. O actual Presidente Sr. Feijoo propuxo un proxecto denominado Hospital 2050 que ten unha parte de financiamento con fondos europeos FEDER que non virán para Ourense se denantes de Decembro non se licitan e inician as obras.

  • A posibilidade de perder os fondos europeos pódese converter nunha triste realidade e como vostede ben sabe non é o mesmo ter unha infraestrutura sanitaria cunha boa dotación e con tecnoloxía punteira que non tela. Son cuestións que inflúen tanto na calidade da asistencia como en que o Hospital Universitario de Ourense sexa un lugar onde os profesionais tamén traballen mellor e sexa un centro de referencia.

  • A esta infraestrutura temos que engadirlle os evidentes atrasos que levan as licitacións e construcións de tres importantes centros de saúde como son o do Couto, o do Vinteún e o de Valenzá/Barbadás.

  • Neste tema da construción e licitación de obras tamén miramos con preocupación, polo tipo de ofertas que se fan, que as empresas de Ourense, polo seu tamaño, teñan moi difícil o poder presentarse a estes concursos. A obra pública polo seu volume e orzamentos tamén debería verse como algo moi importante para revitalizar o tecido empresarial dunha provincia como a nosa onde a debilidade e precariedade do mesmo é evidente.

  • ORGANIZACIÓN DA ATENCIÓN A URXENCIA NA CIRURXÍA PEDIÁTRICA:

  • Estas semanas pasadas os veciños e veciñas de Ourense están vendo con moitisima preocupación a solución que se lle ten dado por parte da Xerencia de Xestión Integrada o Área de Ourense ao problema de falta de cirurxiáns pediátricos no Hospital de Ourense.

  • As xentes que aquí vivimos preguntámonos: ¿porque non se actuou coa suficiente previsión na necesidade de profesionais?, ¿porque se desmantela un servizo que tiña uns ratios de eficacia e eficiencia contrastados e moito mellores que outros da nosa Comunidade, en tempos de espera, resolución de problemas, altas pos-cirúrxicas, etc e agora hai que trasladar nenos a un Hospital que ten listas de espera?, ¿ porque se lle suprimen a Ourense zonas de atención como Chantada e Monforte e se lle engaden a Vigo os nenos de Ourense se no Hospital de Vigo están con demoras na atención?

  • Sabemos que a Deputación de xeito plenario tense pronunciado en contra do que consideramos un desmantelamento dun Servizo Sanitario en Ourense pero non só queremos que haxa pronunciamentos pedimos actuacións, solicitamos a implicación activa dos responsables da Administración Provincial na reversión dunha decisión, que consideramos moi errada para os nenos e nenas desta provincia, para os pais e nais dos mesmos e para un Hospital que perde unha parte importante do seu patrimonio profesional e de servizos.

Asdo

PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE

En Ourense a 10 de Decembro do 2012.-

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s